viernes, 4 de marzo de 2016

PROPIEDADES TÉRMICAS DOS MATERIAIS DE USO TÉCNICO

PROPIEDADES TÉRMICAS DOS MATERIAIS


A PRIMEIRA QUE PERCIBIMOS: A CONDUTIVIDADE TÉMICA.


A capacidade cun material de conducir a calor  (lembra que pode ser calor ou frío) coñécese como condutividade térmica. 
Os metais son os materiais que teñen unha maior condutividade térmica, mentres que a madeira seca e os materiais plásticos son os materiais menos condutores.

 

Considerar os valores de condutividade térmica é moi importante nas estruturas. Aquelas estruturas construídas con bos illantes térmicos resultan moito máis ecolóxicas, xa que non precisan manter a temperatura do interior con sistemas de calefacción ou aire acondicionado. 

Espuma de poliuretano. Illante térmico e acústico

Espuma de poliuretano. Illante térmico e acústico


Tella. Illante térmico.

Parede con tres sistemas illantes: ladrillo, cámara de aire e poliuretano. 

A VOLTA AOS SISTEMAS NATURAIS E TRADICIONAIS  DE ILLAMENTO TÉRMICO.

Aquí tes varios modelos de casas sostibles e ecolóxicas baseadas nos sistemas naturais de mantemento da temperatura.





AS MANTAS ISOTÉRMICAS.
Tamén se coñecen como mantas se supervivencia. Están fabricadas cun material polímero (plástico) e unha fina capa de aluminio. Unha manta deste tipo mantén a temperatura corporal ( protexe contra hipotermias e sobrequecementos).


É importante saber como colocar a manta térmica:



A DILATACIÓN... TODO UN PROBLEMA NAS ESTRUTURAS


Ao elevar a temperatura, algunhas estruturas poden aumentar a súa lonxitude den chegar a fundir. Este fenómeno, como sabes, coñécese como dilatación e   pode producir deformacións coma estas:



[http://dialverti.com/wp-content/uploads/Dilataci%C3%B3n-1.jpg]

A dilatación  dáse en materiais cerámicos e metálicos así como na madeira , xa que son os que teñen un maior coeficiente de dilatación.



O  xeito de evitar o deterioro é montar estruturas discontinuas, é dicir, de elementos separados por ocos ou por una material moi elástico que se deforme cando a estrutura dilate e volva ao seu cando a temperatura ambiental descende (o caucho, por exemplo).







http://www.emac.es/ver/1470/novojunta-metallic-flecha.html

A xunta de dilatación das vías férreas resulta un exemplo interesante. Observa a forma:





O PUNTO DE FUSIÓN... CAMBIANDO AS PROPIEDADES DO MATERIAL

punto de fusión dun material é a temperatura á que este funde, é dicir, á que pasa de estado sólido a estado líquido.

TEMPERATURAS DE FUSIÓN DE DIFERENTES MATERIAIS




FABRICACIÓN DUNHA FIGURA DE VIDRO POR SOPRADO

 [https://www.youtube.com/watch?v=eXCFPU4udbw]

CORTE MEDIANTE TECNOLOXÍA LÁSER.
Unha lámpada láser envía un feixe de luz que funde o material xusto no punto sobre o que incide, cortando así o material con moitísima precisión.
Os refugallos elimínanse cun gas a alta presión.



[youtube:Laser tube cutting machines | BLM GROUP]

SOLDADURA MEDIANTE SOPLETE DE PROPANO

[https://www.youtube.com/watch?v=lZm4YhU18ZA ]
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario