jueves, 25 de febrero de 2016

ELASTICIDADE E PLASTICIDADE DOS MATERIAIS

PODEMOS DICIR QUE UN MATERIAL É ELÁSTICO OU PLÁSTICO?
MATERIAIS ELÁSTICOS
Aínda que che pareza mentira, as estruturas resistentes son elásticas. Deben  poder deformarse fronte aos esforzos externos e recuperar a súa forma unha vez estes esforzos cesan.
Na maioría dos casos estas deformacións son imperceptibles, pero existen casos nos que si é posible percibilas:

FLEXIÓN DUN BARCO




EDIFICIOS QUE RESISTEN TERREMOTOS


[https://youtu.be/zLsWWmoEJUs]

SUPERANDO O LÍMITE ELÁSTICO DOS MATERIAIS.

Sabemos que moitos materiais de uso técnico son elásticos, coma os metais. Aínda así, se o esforzo que se realiza sobre eles é moi elevado, modifícase a súa estrutura interna e a forma inicial xa non se recupera. Cando isto ocorre, dise que se supera o límite elástico e o material ten plasticidade.

MÁQUINA PARA DOBRAR ARAMES



ESMAGADORA DE METAL

[youtube:Metals Shredding: Steel Drums (Q)]

FINALMENTE, A ROTURA.

Se o esforzo ao que sometemos a peza é aínda máis elevado, rebásase o límite de fractura e o material rompe. 
TRITURADORA CAPAZ DE ESMAGAR 180 TONELADAS DE ACEIRO POR HORA
Traballa cun motor diésel de máis de 700 CV de potencia:


[youtube:ARJES VZ 950 E – stationary shredder for scrap metal]

No hay comentarios:

Publicar un comentario